Publicador de contidos
Publicador de contidos

Laza despide o Entroido co desfile dos peliqueiros veteranos

Laza despide o Entroido co desfile dos peliqueiros veteranos

Pola tarde terá lugar a lectura do testamento do burro

G24.gal 01/03/2022 13:54

Remata o Entroido en Laza e é o día para que gocen os veciños que xa non están para tantas xornadas de troula. Dende primeira hora poñen o traxe de peliqueiros, que supón todo un ritual e que ten un peso de máis de 20 quilos. Xa vestidos, e malia a chuvia, os peliqueiros veteranos saen tanto a desfilar polas rúas como a visitar as casas onde lles dan de comer e beber.

Aínda que o protagonismo hoxe é para os peliqueiros veteranos, non menos importante é o papel das mulleres que se encargan de poñerlles o traxe e mesmo de deixalo recollido e preparado para o vindeiro ano. Un labor moi traballoso, que require coñecer ben a vestimenta e que se debe facer con todo o rigor.

O colofón ao Entroido de Laza será esta tarde coa lectura do testamento do burro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade