Publicador de contidos
Publicador de contidos

Laza vive por todo o alto o luns borralleiro

Laza vive por todo o alto o luns borralleiro

A farrapada congregou centos de persoas na praza da Picota

Os actos de Entroido continúan pola tarde e mañá

G24.gal 28/02/2022 14:52

Sen compaixón. Así transcorreu a tradicional farrapada na praza da Picota de Laza. Cativos, mozos e maiores guindaron pezas de tea bañadas en auga e lama sen reparar en quen era o destinatario dos trapos. Unha cerimonia deste ancestral Entroido que volveu congregar centos de veciños e visitantes aos que non lles importou manchar a roupa por un día. 

O certo é que esa praza leva días padecendo os efectos do Entroido. O venres e o sábado houbo lanzamentos de fariña e onte foi a quenda do desfile dos peliqueiros. Os veciños aseguran que tantos días de troula son doados de aturar cando se leva dentro o sentimento do Entroido. O único que se botou de menos foi a repartición de bica, que se suspendeu pola situación sanitaria.

Este luns borralleiro continúa pola tarde coa baixada da Morena e co ataque das formigas metidas entre a fariña. O Entroido vive o seu día de apoxeo en Laza.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade