Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lea por unha lámpada en Santa Rita de Xuvia

Lea por unha lámpada en Santa Rita de Xuvia

Un grupo de fregueses di que se retirou sen consultar coa parroquia

O cura di que se desentederon de arranxala polo seu custo

A lámpada ten máis de cen anos e leva no templo dende a súa construción
G24.gal 13/01/2022 13:52

Unha lámpada de máis de cen anos enfronta o cura e os fregueses de Santa Rita de Xuvia, en Narón. O cura afirma que a quitou porque había perigo de que caese e que ninguén quería afrontar os seis mil euros que custa a súa restauración. Mentres que os veciños piden que se volva colocar, xa que non consultaron a ninguén para quitala.

A lámpada é obra do Real Fábrica de La Granja de San Ildefonso de Segovia, tallada en cristal de roca e doada hai máis dun século pola familia que construíu a igrexa. Os veciños aseguran que ten gran valor histórico e artístico e que o cura de xeito unilateral quitouna da igrexa.

Pola súa banda o cura asegura que ten a estrutura interna danada e que podía caer en calquera momento causando unha desgraza. Di que informou os fregueses de que amañala custaba seis mil euros e que ninguén quixo saber nada do problema. Falou coa familia doadora e non viron problema en que se descolgase. A lámpada segue estando na igrexa, pero sen colgar. Conta que hai dous anos se fixo un arranxo parcial debido ao custo que supoñía. Ademais a iluminación actual é de focos, polo que a lámpada sería un elemento soamente decorativo.

Os fregueses insisten en repoñer a lámpada e outras doazóns que, afirman, tamén se retiraron da igrexa. As persoas que piden que se repoña a lámpada no seu lugar orixinal afirman que non se lles consultou nada, que a lámpada está deteriorada detrás dun altar agochada nun burato para que non se vexa e a parroquia ten cartos suficientes para afrontar ese gasto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade