Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ledicia Costas na letra, Iago Gordillo na voz: versión en galego de 'SloMo'

Ledicia Costas na letra, Iago Gordillo na voz: versión en galego de 'SloMo'

En dous días, o vídeo coa interpretación do streamer coruñés Iago Gordillo conseguiu 160.000 visitas

G24.gal 01/02/2022 21:21

A escritora Ledicia Costas escribiu unha versión en galego da canción que representará a España en Eurovisión. A retranqueira letra xa ten voz e música, e moito éxito en Internet.

Foi un sopro de retranca que naceu da cabeza da escritora pasado o festival de Benidorm. E publicou un chío:

"Malia que a nosa lingua non vai estar representada en Eurovisión por Tanxugueiras, eu quero contribuír con esta tradución de 'Slomo' ao galego que titulei 'Quítalle gas'. Aí vai".

Resultado: por exemplo, o verso "La reina, la dura, una bugatti" convértese en "A raíña, a dura de roer, un tractor dos caros" na letra de Ledicia.

Letra que pronto se fixo canción. Dixo o streamer coruñés Iago Gordillo: "Veña, adaptamos esta marabilla de Ledicia". E dito e feito.

Aquí non se fala de daddies, fálase de "fulanos". Toda a letra desta autora invita a un sorriso de consolo, a un bótalle humor, un quitarlle ferro a certas nubes de ruído. 

Un lembrar algo tan noso coma a retranca, capaz de disparar sen ferir. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade