Publicador de contidos
Publicador de contidos

Medra a demanda de leitóns de porco celta

Medra a demanda de leitóns de porco celta

Unha cooperativa galega dedícase á súa cría en exclusiva

G24.gal 09/11/2022 20:23

Diego é un dos tres socios de Celtas da Ulloa, unha sociedade cooperativa que comparte con outros dous amigos dedicada á cría de leitón de porco celta, algo que comezou hai tres anos como unha afección.

En total teñen dez femias e un macho. Agora dúas delas están paridas, unha con oito crías e outra cun relo.

As características da súa carne fan que haxa demanda deles na hostalería.

Aos ranchos gústalles estar dentro do cortello, dándose calor uns aos outros, pero nos momentos  en que chegan as castañas saen correndo para merendar coa nai.

Malia que a súa alimentación é o leite materno, comparten algo das landras, verzas, nabos, cabazas e mesmo do silo que comen as nais.

Todos estes relos xa están comprometidos con varios restaurantes.

O ano pasado venderon 170 ranchos. Agora os socios andan considerando a posibilidade de aumentar a produción. De feito, todo canto gañan o invisten na mellora da explotación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade