Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lembran que a varíola do mono non se contaxia só polo contacto físico

Lembran que a varíola do mono non se contaxia só polo contacto físico

G24.gal 26/07/2022 19:00

Declarada xa como emerxencia sanitaria, a varíola do mono segue estendéndose por todo o mundo e os expertos advirten de que o seu contaxio non só se produce polo contacto cunha persoa infectada, senón tamén polo aire.

Din que, se non se toman as medidas necesarias, a varíola do mono podería chegar a afectar os grupos que polo de agora non son de risco: mulleres e nenos.

Como contaxia?

Febre, cefaleas, dores musculares e proído de gorxa... Son algúns dos síntomas que se dan antes de que apareza a erupción cutánea que fai saltar as alarmas dun posible caso de varíola do mono. Ata o momento, o contacto directo con esa persoa considerábase a principal vía de transmisión, pero os expertos advirten.

"A persoa é contaxiosa dende o momento en que rebentan as primeiras espullas. E as primeiras que rebentan son as da gorxa porque non hai capa córnea coma nas da pel que tardan un pouco máis en rebentar", explica o catedrático en Medicina Preventiva Juan Gestal

Apreciación que sitúa os aerosois no punto de mira dos expertos como a primeira vía de contaxio deste virus.

Pode haber transmisión por vía aérea porque por esas espullas elimínase un líquido que se expulsa ao falar, ao tusir, etc e logo máis tarde rebentan as espullas da pel e o contaxio xa é por contacto físico.

Contacto por obxectos

Sabas da cama, as toallas e todos aqueles obxectos que estivesen en contacto directo cunha persoa contaxiada tamén son focos de contaxio importantes a ter en conta.

O conselleiro de Sanidade, García Comesaña, explica que "se se confirma esta nova vía de transmisión, habería que adaptar as medidas para tratar estes casos e de prevención", pero indica que "aínda é cedo para avanzalo mentras non se teña unha confirmacióm oficial".

Na nosa comunidade son 31 os casos confirmados de varíola do mono e 4 máis en estudo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade