Publicador de contidos
Publicador de contidos

Levan máis dunha década sufrindo ocupacións ilegais, filtracións e sucidade en Ferrol

Levan máis dunha década sufrindo ocupacións ilegais, filtracións e sucidade en Ferrol

Din que a situación é grave porque o inmoble abandonado está entre unha farmacia e o ambulatorio

Agora agardan que actúe o xulgado

G24.gal 09/06/2023 14:23

Abandonado e con risco de derruba. Así está desde hai dez anos un inmoble da praza de España de Ferrol. Veciños e comerciantes din que do edificio entra e sae xente constantemente e preocúpanlles estas ocupacións ilegais.

Explican que malia que foi apuntalado hai seis anos é un verdadeiro perigo para as persoas que se meteron a vivir nel.

E por se isto fose pouco, o inmoble en cuestión está entre unha farmacia e o centro de saúde. Amais, cando chove, as vivendas lindeiras sofren filtracións e teñen humidades.

Din que están cansos de presentaren queixas e non obter respostas, así que hai xa oito meses iniciaron un contencioso-administrativo e agora agardan que actúe o xulgado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade