Liberan en Madrid 12 mulleres vítimas de explotación sexual

Estaban recluídas nun soto sen fiestras onde durmían amoreadas en condicións insalubres

G24.gal 08/12/2023 13:08

Unha redada conxunta da Policía Nacional e a Garda Civil permitiu desmantelar unha banda criminal que captaba mulleres en varios países de América do Sur para obrigalas a prostituírse nun chalé en Madrid.

Os axentes liberaron 12 mulleres que estaban recluídas nun soto sen fiestras onde durmían amoreadas en condicións insalubres.

Once dos membros da banda foron detidos en Madrid e outro nas Palmas. Están sendo investigados polos delitos de trata de seres humanos, pertenza a organización criminal, relativos á prostitución, contra os dereitos dos estranxeiros, pornografía e contra a saúde pública.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade