Publicador de contidos
Publicador de contidos

Limpeza solidaria no porto de Sanxenxo para visibilizar o lixo mariño

Limpeza solidaria no porto de Sanxenxo para visibilizar o lixo mariño

Dez mergulladores sacaron máis dunha tonelada de residuos do fondo do porto

O voluntariado ambiental do proxecto Plancton promove un comportamento responsable co medio

G24.gal 03/02/2024 14:34 Última actualización 03/02/2024 15:57

Os fondos do porto de Sanxenxo foron os elixidos nesta ocasión para unha limpeza colaborativa de residuos, impulsada pola obra social de Abanca. Durante esta xornada de concienciación no respecto co medio, os mergulladores sacaron máis dunha tonelada de lixo.

Nun porto onde á actividade pesqueira se suma a recreativa, o lixo que se acumula no fondo é a imaxe do que acontece ao seu arredor.

"É falta de concienciación do ser humano, tanto na pesca como no deportivo, como no ocio nocturno. Está demostrado con todo o que se quita. Posiblemente o que máis se vexa son nasas do xeito, pero tamén temos cristais e botellas. En xeral non hai un culpable único, somos todos e está demostrado", asegurou Sauro Martínez, patrón maior da confraría de Sanxenxo. 

"A realidade é que nun par de horas levamos cerca dunha tonelada recollida, de diversos materiais: plásticos e metais. O máis anecdótico un motor que lle caeu a alguén e aí quedou", explicou Juan Carlos Agra, coordinador do Real Club Náutico de Sanxenxo.  

Na limpeza participaron arredor de 40 persoas da confraría, do Porto, do Club Náutico, e voluntariado de Afundación. O obxectivo non é só retirar os residuos, senón promover un cambio de actitude co medio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade