Publicador de contidos
Publicador de contidos

Localizan o cadáver dunha muller nunha poza de regadío en Arbo

Localizan o cadáver dunha muller nunha poza de regadío en Arbo

Un familiar seu encontrou o corpo sen vida nunha zona de pouca profundidade

Lugar de Sela en Arbo onde localizaron o cadáver da muller
G24.gal 24/08/2024 19:30 Última actualización 24/08/2024 19:45

A Axencia Galega de Emerxencias AXEGA informa da localización do corpo sen vida dunha muller nunha poza de regadío en Arbo, no lugar de Rozas, Sela.

Un familiar da muller falecida atopou o cadáver nunha zona de pouca profundidade. Polo momento descoñécense as causas do tráxico suceso.

Os servizos sanitarios acudiron ao lugar, pero só puideron confirmar a morte. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil e aos efectivos do GES-SPEIS de Ponteareas.

Os servizos sanitarios mesmo chegaron a valorar a saída do helicóptero medicalizado, con base en Ourense, pero a intervención non foi necesaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade