Localizan o cadáver dun home de 78 anos aboiando no peirao de Vigo
Localizan o cadáver dun home de 78 anos aboiando no peirao de Vigo
Apareceu boca abaixo, con roupa e todas as hipóteses están abertas
Localizado o corpo dun homede 78 anos aboiando no peirao de Vigo. Pouco despois da unha da tarde, o 112 recibía a chamada dunha muller que paseaba pola zona e avisaba da presenza dun cadáver nas inmediacións do espigón número catro de Beiramar, preto do Auditorio.
Os servizos de emerxencias mobilizaron medios de Salvamento Marítimo e de Gardacostas de Galicia, así como diversas forzas da orde, que xa acordoaron a zona. Polo momento o único que se sabe é que apareceu boca abaixo e con roupa, polo que todas as hipóteses están abertas.
🔴#AXEGAInforma do achado do corpo dunha persoa aboiando no mar, no peirao de #Vigo.
— 112Galicia (@112Galicia) January 28, 2024
Informados: @salvamentogob, @GardacostasGal, @guardiacivil, @policia , Autonómica e Local, #Bombeiros e #ProtecciónCivil de Vigo, @PuertoDeVigo e Urxencias Sanitarias de Galicia-061. pic.twitter.com/kjc2K8wFqW
Os servizos de emerxencias xa conseguiron sacar o corpo da auga para trasladalo á terra e proceder á súa identificación.