Publicador de contidos
Publicador de contidos

Localizan sen vida a muller asturiana que desapareceu en Cambados durante unha excursión

Localizan sen vida a muller asturiana que desapareceu en Cambados durante unha excursión

O corpo sen vida da muller apareceu a dous quilómetros do lugar onde foi vista por última vez

Está totalmente descartado que se tratase dunha morte violenta

G24.gal 29/07/2024 13:21 Última actualización 29/07/2024 14:09

O corpo sen vida da asturiana Diley Albuerne González, a muller de 78 anos que se perdeu o pasado sábado en Cambados mentres realizaba unha excursión coa súa familia, foi localizado este luns.

Foi unha veciña da aldea da Modia quen atopou o cadáver nunha leira contra as oito menos cuarto da mañá.

Os efectivos do corpo de seguridade confirmaron que era a persoa que estaba en proceso de procura desde o pasado sábado, cando durante unha excursión se ausentou para ir ao baño. Esta foi a última vez que a familia tivo contacto con ela.

Durante o domingo, varias persoas chamaron ao 112 para informar que viran a señora pola zona da Modia, pero nese momento non puido ser localizada polas autoridades. 

O cadáver de Diley foi trasladado ao tanatorio de Poio para realizarlle a autopsia. Está totalmente descartado que se tratase dunha morte violenta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade