Publicador de contidos
Publicador de contidos

Futuro complicado para algunhas das poucas tendas de tecidos polo miúdo que seguen en activo

Futuro complicado para algunhas das poucas tendas de tecidos polo miúdo que seguen en activo

Logo de 30 anos entre tecidos, unha comerciante do barrio coruñés dos Mallos confía nun traspaso para a continuidade do negocio

A propietaria vaise xubilar e na súa familia non hai quen colla a remuda

Celia, na súa tenda no barrio coruñés dos Mallos o martes pasado
G24.gal 04/07/2024 08:57

Tendas dedicadas á venda de tecido polo miúdo en que ademais confeccionan e colocan roupa de fogar van quedando poucas. É a situación da de Celia no bario coruñés dos Mallos. Pero chega a xubilación e, sen renovación familiar, ela quere que o negocio siga activo polo ben asentado que está.

"É interesante pola calidade do produto que ofrece, pola proximidade e máis; que non vai haber outro que funcione así, cunha carteira de clientes moi ampla, da contorna toda e de lugares de fóra", di Celia López Cernadas, propietaria da tenda.

A variedade de xénero tamén é evidente. Pero, polo que di a clientela, o valor maior do negocio está no bo facer que lle aplicou Celia. Pura e Carmen son só dous exemplos.

"Ese trato co público agora non abunda moito; ti tés moita facilidade para o público, moi boa cara".

"É unha muller marabillosa. Ímola estrañar moito".

"Moitas grazas. Pero eu tamén as vou estrañar moito, porque son como familia", di Celia.

Con trinta anos dedicada a esta faceta comercial, e para que a clientela non a estrañe tanto, Celia ofrece o negocio en traspaso. Asegura que dá para viviren ben dúas persoas.  

"Si, preguntáronme, onte mesmo", afirma Celia.

"-Considera que a tenda seguirá tras a súa xubilación?
-Si, acabará sendo posible. Eu teño esa esperanza". Así conclúe a propietaria actual da tenda CLC.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade