Loitando contra a "basuraleza", o lixo depositado en espazos naturais
Loitando contra a "basuraleza", o lixo depositado en espazos naturais
Un grupo de voluntarios xuntouse na Pontenova para recoller o lixo no monte
Un grupo de voluntarios xuntouse na Pontenova para recoller o lixo no monte
Ás dez da maña un grupo de veciños e turistas reciben luvas e bolsas para apañar e clasificar o lixo que van atopando.
Iniciamos canda eles a ruta das minas.
Estamos no corazón da reserva da biosfera Oscos, Eo e Terras de Burón.
Miramos para o chan e atopamos un cacho de plástico, un tapón e un arame case completamente soterrado.
A actividade deste sábado enmárcase dentro do proxecto Libera, unidos contra a basuraleza.
Susana organizou a recollida de hoxe, unha actividade que encaixa perfectamente no turismo activo e de natureza que ofrece A Pontenova e dende o que se potencia a educación e o respecto polo medio.
Unha bolsa de plástico tarda uns 400 anos en desintegrarse na terra. Unha cabicha tarda 12 anos, e contamina 10 litros de auga mariña ou 50 da doce.
Deixar o lixo nos puntos de recollida axeitados é un gran xesto que non custa nada facer.