Cargando resultados...
Lola Fernández, unha chantadina incombustible que fai 108 anos
Lola Fernández, unha chantadina incombustible que fai 108 anos
Reuniu toda a familia para festexar o seu aniversario
G24.gal
03/02/2024 22:53
Dolores Fernández, coñecida como Lola, acaba de festexar os seus 108 anos de idade. A chantadina, cunha vitalidade envexable, volveu xuntar a familia arredor da mesa para celebrar a data.
De familia lonxeva, chama a atención o seu aspecto e a súa enerxía. Axuda a pór a mesa, fai o café e seca a louza na casa onde vive coa filla. De nova, aprendeu costura e facía abrigos e pantalóns.
Lola ten dous fillos, dous netos e tres bisnetos, que non perden compartir un ano máis con ela esta festa.