Publicador de contidos
Publicador de contidos

Longas ringleiras na Coruña para protestar polas facturas da luz

Longas ringleiras na Coruña para protestar polas facturas da luz

Moitos consumidores optan por cambiarse ao mercado libre coa idea de aforrar cartos

G24.gal 11/03/2022 14:39

A oficina de Naturgy situada na rúa Betanzos, na Coruña, é unha das que máis visitas está a recibir ultimamente. E á vista está. Desde unha hora antes da súa apertura, aquí, amoréase arredor dunha vintena de consumidores para queixarse pola súa factura da luz.

Todos eles están no mercado regulado e aproveitan para cambiarse ao libre coa intención de aforrar cartos.

A mesma situación atopámola, por exemplo, en Arteixo. Aquí, mesmo hai quen anda á procura de ofertas que minoren o gasto mensual.

Outra queixa frecuente é o atraso das facturas. Moitos din que non as reciben desde o pasado mes de setembro e que xa tremen polo importe que lles vai tocar aboar.

Case todos teñen a esperanza de que o seu recibo sexa un erro. Pero na maior parte dos casos, non o é.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade