Cargando resultados...
López Campos, convencido de que a Ribeira Sacra será Patrimonio Mundial en 2026
López Campos, convencido de que a Ribeira Sacra será Patrimonio Mundial en 2026
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude reuniuse na Peroxa cunha trintena de alcaldes e representantes locais para pedirlles implicación
A documentación da candidatura haberá que entregala, primeiro, este mes de setembro, e despois en febreiro de 2025
G24.gal
30/07/2024 20:58
Última actualización 30/07/2024 21:40
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude móstrase convencido de que a Ribeira Sacra acadará o recoñecemento da Unesco como Patrimonio Mundial no vindeiro ano 2026.
Así llelo transmitiu López Campos a unha trintena de alcaldes e representantes locais durante unha xuntanza celebrada na Peroxa.
O conselleiro insistiu en que, para logralo, é esencial a implicación dos concellos, das institucións, dos diferentes axentes económicos e sociais da zona e tamén da propia veciñanza.