Publicador de contidos
Publicador de contidos

López Orozco, exculpado da última causa pendente

López Orozco, exculpado da última causa pendente

O xuíz exime o exalcalde de Lugo de calquera responsabilidade na suposta adxudicación fraudulenta da xestión do aparcamento da ORA

G24.gal 17/03/2022 18:33

O exalcalde de Lugo, López Orozco, queda exculpado da última causa que tiña pendente.  Esa causa é a da suposta adxudicación fraudulenta do aparcamento da ORA en 2009.

O xulgado pechou a investigación e exime de toda culpa ao político socialista. O xuíz instructor ordena que a causa siga contra catro persoas, entre as que está Fernández Liñares, exconcelleiro socialista, polos delictos de suborno e integración en grupo criminal.

O xuíz considera que a suposta fraude investigada puido xenerar un beneficio ilícito de case 14 millóns. 

A causa da ORA é unha das pezas separadas da operación Pokémon.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade