Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lorbé esgota as centolas no primeiro día das súas xornadas gastronómicas

Lorbé esgota as centolas no primeiro día das súas xornadas gastronómicas

Este ano a centola vendíase para levar, así que moitos pensaron en mercar xa o menú do nadal

Menú de luxo para levar por 16 euros a peza
G24.gal 13/11/2021 20:58

Esta fin de semana Lorbé tiña previsto celebrar dous días de xornadas gastronómicas para promocionar a centola da ría. Pero en cinco horas esgotáronse os cincocentos exemplares que tiñan á venda. Así que a xornada de mañá aprázase ao sábado que vén para que lles dea tempo aos mariscadores a ir buscar máis.

Foi día de centola en Lorbé, e despois dun ano sen festa gastronómica, esta nova edición houbo que adaptala aos tempos. Cada día máis afeitos ao formato de "comida para levar" hoxe as caixas de porexpán ían cargadas con menú de luxo.

Había 500 pezas á venda para hoxe e mañá pero ao mediodía xa poucas quedaban porque os máis previsores non pensaron só no xantar, xa tiñan na cabeza o nadal e levábanas para conxelar. 
Así que a festa gastronómica converteuse case en día de praza cunha visita ao porto, a pé ou incluso sen baixar do coche, un anaco de espera e 16 euros por peza que xa vén cocida.

Hai só unha semana que se levantou a veda e din que vai ser boa temporada pero a este ritmo de consumo en Lorbé xa quedan ben menos das que había.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos