Los Enemigos presentan o seu último disco 'Bestieza' en Santiago
Los Enemigos presentan o seu último disco 'Bestieza' en Santiago
A banda madrileña tivo que aprazar a cita en Compostela ata en cinco ocasións por mor da pandemia
'Bestieza' é o décimo disco de estudio de Los Enemigos e os críticos cualifícano como un dos mellores da súa carreira
Cinco cancelacións, dous anos despois e, por fin, Los Enemigos en Compostela. A banda madrileña é moi querida en Galicia onde leva tocando desde os seus comezos, hai xa máis de 30 anos.
Chegan a Galicia con moitas ganas despois de que a pandemia obrigase a adiar o concerto en varias ocasións. Teñen xa practicamente esgotadas as entradas para os dous concertos.
'Siete mil canciones' é o primeiro sinxelo de 'Bestieza', o décimo disco de estudio da banda. Bestieza é un termo catalán, que Josele Santiago castelanizou e converteu nun traballo de 10 temas cheos de enerxía, caña e espírito punk.
E iso é o que prometen nos concertos e o que transmiten. Horas antes do primeiro deles contáronos que a enerxía e a caña están aseguradas. Tamén temas clásicos e algunha que outra sorpresa.