Publicador de contidos
Publicador de contidos

Louzán: "Foi un traballo moi complexo, pero os seareiros demandaban a selección galega"

Louzán: "Foi un traballo moi complexo, pero os seareiros demandaban a selección galega"

O presidente da Federación Galega falou da dificultade de traer a Panamá, equipo que vai xogar a vindeira Copa América

G24.gal 22/05/2024 21:49

O próximo venres, día 31, en Balaídos vaise celebrar o amigable Galicia-Panamá, unha selección que prepara a Copa América. Diego Martínez dará a coñecer a convocatoria de Galicia o próximo martes. Poderemos ver este encontro na primeira canle da galega a partir das 20:00 horas.

O presidente da Federación Galega Rafael Louzán lembraba que este é un partido moi agardado e que será especial pero tamén recoñeceu "o díficil e complexo que foi o traballo para traer a selección galega ante un rival de entidade como Panamá". "Era unha demanda dos seareiros e dos medios de comunicación", comentou o presidente da Federación Galega. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade