Lucas e Aspas encabezan a lista de 22 xogadores da Irmandiña
Lucas e Aspas encabezan a lista de 22 xogadores da Irmandiña
A lista fórmana Villar, Vieites, Álvaro Ratón Jonny, Taibo, Carreras, Loureiro, Carlos, Kevin, Fornos, Ger Novoa, Hugo Bueno Sotelo, Álex López, Íker Losada, Lemos, Villares, Héber Aspas, Lucas, Miguel e Manu Justo
A selección galega deu a lista de 22 xogadores que estarán no amigable diante de Panamá do vindeiro venres (20 horas) en Balaídos. O partido poderá verse en directo na Televisión de Galicia. A presenza de Lucas Pérez e Iago Aspas como iconas de Celta e Deportivo son as dúas facianas máis destacadas.
A carón deles estarán os xogadores de Primeira Iván Villar (Celta), Fran Vieites (Betis), Jonny (PAOK), Taibo e Carreras (Benfica), Lemos (As Palmas), Carlos Domínguez (Celta), Kevin (Celta), Sotelo (Celta), Miguel (Celta) e Hugo Bueno (Wolverhampton). Tampouco quixeron faltar referentes do Rácing, como Álex López e Íker Losada, que estarán na cita malia teren un partido oficial o domingo en Andorra.
Os 22 da Irmandiña
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) May 28, 2024
Galicia🆚Panamá 🇵🇦
🧤 Villar, Vieites, A. Ratón
🛡️ Jonny, Taibo, Carreras, Loureiro, Carlos, Kevin, Fornos, Ger Novoa, Hugo Bueno
⚙️ Sotelo, Álex López, Íker Losada, Lemos, Villares, Héber
⚽️ Aspas, Lucas, Miguel, Manu Justo
🗓️ Venres ⌚️ 20h 📺 @TVGalicia pic.twitter.com/HAOSSIMfnU