Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lucía Casal, gandeira de 20 anos de Melide, Premio Nacional de Xuventude 2023

Lucía Casal, gandeira de 20 anos de Melide, Premio Nacional de Xuventude 2023

Aspira a unha gandería de vacas felices, respectuosa co medio e máis sostible 

Lucía cunha das trinta vacas de raza rubia galega que crían na granxa familiar de Melide
G24.gal 29/08/2023 21:10 Última actualización 29/08/2023 21:25

Lucía Casal trata as vacas como mascotas e a elas parece gustarlles. Leva 20 anos entre elas xunto a cabalos, coellos, porcos e pitas na granxa familiar de Melide. É unha granxeira da nova xeración do rural e leva o negocio xunto a seu pai, mentres non para de estudar. Xa fixo Forestais, agora vai empezar Auxiliar de Veterinaria e logo pretende facer a carreira. A actual Premio Nacional de Xuventude na categoría de Medio Ambiente, é gandeira por vocación e séntese moi fachendosa de gañar, representando a outros coma ela.

Foi grazas a un escrito e un vídeo onde contaba o día a día do seu traballo con respecto ao medio natural. Nese momento estaba nunha granxa en Irlanda nun intercambio Erasmus, erguéndose ás 4 e media da mañá e sen parar de traballar ata as seis da tarde. A súa visión do futuro da gandería e do rural convenceu o xurado axiña: facer unha gandería máis sostible e fácil, sen vacas estabuladas. E para eso, aproveitar a teconoloxía e o saber tradicional por igual. 

Os seus pais, ela cunha tenda de moda e el gandeiro, son o seu máximo apoio. E logo os 14 mil seguidores en TikTok, a maior parte da alta montaña de Cantabria e algúns "haters", conta, que lle fan pensar que o está facendo ben.

"Sempre fun de ideas fixas e propoñerme retos a min mesma, eu entendo que vou estudar  pero teño claro que aquí quero chegar a uns obxectivos e vouno facer, porque se a xente nova se vai do campo, que vai ser, volver a España baleirada, conservar o que temos, os avós loitaron por isto, e nós temos que agradecelo".

É consciente de que é unha rareza entre as súas amizades, sobre todo, mulleres, pero ten moi claro o seu futuro e todo pasa por ter vacas felices

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade