Lugo convértese esta fin de semana na capital do futbolín
Lugo convértese esta fin de semana na capital do futbolín
Afeccionados a esta actividade disputan un torneo puntuable para o campionato mundial
Participan máis de 200 parellas que compiten na modalidade de bóla parada e en movemento
As mesas de fubtolín enchen o baixo da praza de abastos de Lugo.
"Logramos traer este torneo xa pola terceira edición seguida aquí en Lugo e ano a ano, cada vez máis. O primeiro ano acórdome que eramos 94 parellas, o ano pasado 134 e este ano fomos 208 parellas", lembra Fernando Lamela, da Asociación Lucense de Futbolín.
Procedentes de toda España, as parellas compiten por se clasificar para o campionato internacional.
"A modalidade de bola en movemento, que se lle chama, é unha modalidade moi rápida, que tes que xogar moito coa man esquerda, a man dereita utilízase para pouco, e hoxe é totalmente o contrario. A man primordial é a dereita, coa delanteira, que é o que se chama bola parada. É moi espectacular porque ves a cantidade de xogadas distintas que pode facer unha persoa, á velocidade que as fan", explica Diego Legazpi, da Asociación Lucense de Futbolín.
"Facíame ilusión vir, porque aquí veñen os máis grandes e está ben velo e aprender a xogar".
"Eu empecei xogando aos 15 anos, o típico cos amigos, e ao final fixemos piña e enganchámonos".
Unha actividade que por terceiro ano converte a Lugo nun referente para os amantes do futbolín.