Máis de 800 xogadores no Campionato de Futbolín de Rábade
Máis de 800 xogadores no Campionato de Futbolín de Rábade
O torneo xa se converteu nun referente a nivel estatal
Chegaron parellas dende toda España
Máis de 800 persoas participan na edición número 24 do Gran Master de Futbolín en Rábade.
Este récord de xogadores deixou pequeno o pavillón e foi preciso desputar partidas nos bares lindeiros.
O campionato superou con nota os efectos da pandemia e os seus organizadores poden presumir de que cada vez veñen máis parellas e clubes de fóra de Galicia.
Se nas primeiras edicións apenas había mulleres, agora xa son máis de 50 as participantes e a cifra non deixa de medrar cada ano. Unha práctica a cabalo entre o deporte e o xogo de mesa que cada vez ten máis adeptos.
Ademais dos trofeos, van repartir máis de 10.000 euros en metálico en premios. Un pulo para a competitividade.
Malia o atractivo dos premios, a diferenza de regras respecto a cada zona non causa ningún problema.
Se prefiren o futbolín por riba dos videoxogos, este sábado poderán desfrutar das fases finais das que sairán os gañadores.