Cargando resultados...
Lugo homenaxea o mundo rural con esculturas feitas a motoserra
Lugo homenaxea o mundo rural con esculturas feitas a motoserra
Son unha vaca e un carballo que están situados na praza maior
Creounas o artista Yosi Fervenza en colaboración co concello e Casa Grande de Xanceda
G24.gal
31/07/2024 20:35
Última actualización 31/07/2024 20:39
Unha vaca e un carballo están dende hoxe na Praza Maior de Lugo. Son esculturas do artista Yosi Fervenza realizadas cunha motoserra. Con estas figuras quérese lembrar a importancia que a natureza e o sector gandeiro teñen na provincia de Lugo, a que ten máis vacas de España. O proxecto é froito da colaboración entre o Concello e a empresa Casa Grande de Xanceda.