Publicador de contidos
Publicador de contidos

Luis de la Fuente: "Traeremos á Selección os que mellor estean"

Luis de la Fuente: "Traeremos á Selección os que mellor estean"

O novo seleccionador defende o xogo asociativo de España pero quere ser máis vertical

Aposta por Francia como favorita para gañar o Mundial

O seleccionador Luis de la Fuente, na entrevista concedida a TeleMadrid
G24.gal 15/12/2022 21:24

O novo seleccionador español non debutará en partido oficial ata marzo, pero os interesados xa poden ler entre liñas cales son as súas intencións para facer as convocatorias. En TeleMadrid preguntáronlle en concreto por Sergio Ramos: "No momento oportuno traeremos os que mellor se atopen para competir contra Noruega e Escocia. De aquí a tres meses non sei, pero agora mesmo todos contan", dixo.

De la Fuente insiste en que non renuncia ao xogo asociativo de España pero pretende darlle unha volta: "Hai que buscar o equilibrio entre a posesión e a finalización. Ser un equipo contundente en ataque, máis vertical".

Cre que España é agora mesmo a mellor do mundo defendéndose: "No plano defensivo somos o mellor equipo do mundo, o mellor facendo presión tras perda".

Aos campións do Mundo coñecerémolos o domingo. De la Fuente móllase e dá a súa favorita: Francia.

Luis de la Fuente quere que todo o mundo suba ó barco da súa selección, pero cunha estratexia moito menos efectista que a de Luis Enrique.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar