Cargando resultados...
Luis Menor presidiu por primeira vez a interparlamentaria do PP de Ourense
Luis Menor presidiu por primeira vez a interparlamentaria do PP de Ourense
G24.gal
26/10/2024 13:15
Parlamentarios do Partido Popular de Ourense reuníronse esta mañá, por vez primeira con Luis Menor como presidente. Senadores e deputados no congreso e no parlamento de Galicia traballaron na axenda de propostas e reclamacións para a provincia ourensá nos vindeiros meses.
Luis Menor, presidente da Deputación, accedeu tamén á presidencia do Partido Popular de Ourense no mes de xullo. No acto participou o voceiro do PP no Parlamento galego, Alberto Pazos.