Cargando resultados...
Luísa Villalta, poesía e música para a lingua galega
Luísa Villalta, poesía e música para a lingua galega
A homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2024 non cansou nunca de loitar pola nosa cultura
Faleceu en 2004 aos 46 anos
G24.gal
18/05/2024 15:30
Última actualización 20/05/2024 17:44
Escritora, violinista, profesora, activista e, sobre todo, poeta. Luísa Villalta, a homenaxeada deste ano polo Día das Letras Galegas, non cansou nunca de loitar pola nosa lingua, pola nosa cultura. Hai vinte anos que nos deixou, pero dela quedou un perfil inesquecible.
"Isto é poesía, un ruído provocado", escribía Luísa Villalta, unha poeta capaz de marchar e deixarnos profundamente espertos.