Luz verde á tarifa de gas veciñal e increméntanse os beneficiarios do bono social
Luz verde á tarifa de gas veciñal e increméntanse os beneficiarios do bono social
O Goberno asegura que as novas medidas beneficiarán ata un 40 % dos fogares
O Consello de Ministros aprobou este martes as novas medidas para aliviar o impacto dos altos prezos da enerxía nos consumidores. O real decreto desenvolve entre outras medidas, as axudas para as comunidades de veciños con caldeiras de calefacción comunitarias.
Segundo o Executivo as axudas mobilizarán 3.000 millóns de euros dos Presupostos do Estado para rebaixar a factura enerxética dun 40 % dos fogares.
Tarifa de gas veciñal
Así, dáse luz verde á nova tarifa regulada (TUR) do gas para caldeiras comunitarias. Trátase dunha tarifa temporal, vixente ata o remate de 2023.
E ten condicións: os propietarios terán que instalar contadores individuais e ter a caldeira revisada.
Segundo explicou a vicepresidenta terceira, o compromiso de acordo da comunidade para cumprir o requisito será suficiente, sempre que faga a reforma necesaria para que estea listo en antes do 30 de setembro do próximo ano.
O Goberno calcula que beneficiará a 1,7 millóns de fogares e prevese que represente un 50 % de aforro na factura.
Esta nova TUR, que en verdade inclúe un total de oito diferentes en función do consumo. Estará suxeito ao desconto soamente o 100 % do equivalente ao consumo do últimos cinco anos, mentres que se se consume máis vaise penalizar co obxectivo de incentivar o consumo eficiente.
"É un aforro que estimamos no 40 %. Calculamos cal é o consumo medio desa comunidade nos últimos 5 anos, e ao 70 % dese consumo aplicámoslle un desconto do 40 %; o 30 % seguiría pagando o gas ao prezo que está no mercado. Se a comunidade incrementase o seu consumo por encima do consumo medio, habería unha penalización", indicou Ribeira.
Bono Social
Ponse tamén en marcha un novo bono social eléctrico cun desconto do 40 % ao que se van poder acoller un millón e medio de fogares.
Así as cousas, amplíase o concepto de consumidor vulnerable. Trátase dunha nova categoría, que incluirá ata familias con dous adultos e dous menores cunha renda máxima de 28.000 euros anuais.
Di o Goberno que estas medidas chegarán a 4 de cada 10 fogares españois.
Cambios na factura
O Real Decreto inclúe cambios nas facturas para que teñan máis transparencia.
O Executivo vai obrigar a incluír nos recibos información sobre o consumo medio de consumidores no mesmo código postal.
Tamén terán que dar información detallada sobre a achega do mecanismo ibérico que se aplica desde o pasado mes de xuño para topar o prezo do gas para a xeración de electricidade.
Eficiencia do alumeado público
Actualízase así mesmo o regulamento de iluminación exterior: incorpora unha potencia máxima a instalar por cada metro cadrado que se pretenda iluminar.
Con esta medida agárdanse aforros de ata o 67 % e afectará á iluminación pública (estradas e rúas), o que inclúe a das administracións e a dos axentes privados que iluminen espazos públicos, como algunhas vías de concesionarios.
Estas medidas serán voluntarias desde a súa publicación e obrigatorias para os proxectos que se inicien o 1 de xaneiro.
Autoconsumo
O Goberno tamén aprobou medidas para tratar de impulsar o autoconsumo eléctrico entre comunidades de veciños, polígonos empresariais e outros tipos de colectivos que poden compartir a instalación.
Entre esas medidas, a ampliación da distancia de 500 metros a un quilómetro desde o punto de xeración ata o de consumo, e que as instalacións de menos de 500 kW non precisen de autorización previa.