Luz verde ao ERTE en Stellantis Vigo para o ano 2022
Luz verde ao ERTE en Stellantis Vigo para o ano 2022
Aprobouse con apoio do sindicato maioritario SIT, de CC.OO e de UXT
Non asinaron a proposta da empresa a CUT e a CIG
Stellantis Vigo, a antiga Citroën, acaba de aprobar o ERTE para o 2022 para facer fronte á crise mundial polo desabastecemento de semicondutores. Saíu adiante co apoio da maior parte dos representantes sindicais, agás a CIG e a CUT, que non asinaron a proposta da empresa.
A negociación conclúe na factoría viguesa cun ERTE que se aplicará unha vez esgotada a adecuación da xornada, o día de convenio e a maior parte da bolsa de horas. Precisamente neste último punto discrepan a CUT e a CIG, que se desmarcaron do acordo.
Limítase a 60 días, ampliables durante outros 15, ademais a aplicación do ERTE dará cobertura a todos os traballadores, un total de cinco mil.
Desde o 2020 as paradas na produción son constantes na planta viguesa pola falta dos microchips. Stellantis aplica o novo expediente de regulación de emprego para facer fronte á crise.