Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis dun século vendendo sombreiros na cidade de Ourense: desde 1917

Máis dun século vendendo sombreiros na cidade de Ourense: desde 1917

É unha das tendas máis antigas das catro que sobreviven en Galicia nun sector en perigo de extinción

Pablo é a cuarta xeración que sostén este negocio nunha loita pola supervivencia

G24.gal 16/11/2021 22:14

E en Ourense unha pequena tenda leva máis dun século vendendo sombreiros para home e para muller. É unha das máis antigas das catro que sobreviven agora en Galicia nun sector en perigo de extinción.

Foi en 1917, e desde aquela este escaparate da sombreirería La Lucha leva vendo o tempo pasar na cidade das Burgas. E como a moda é cíclica foron cambiando os gustos, cando noutro tempo a boina galega foi un supervendas.

Pablo é a cuarta xeración que sostén este negocio nunha loita pola supervivencia, adaptándose aos novos tempos e competindo coa calidade e un asesoramento personalizado.

Por agora, a única sombreirería de Ourense ten futuro, Pablo di que lle gusta o seu oficio e segue habendo xente para a que o sombreiro é imprescindible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade