Publicador de contidos
Publicador de contidos

Madamas e galáns danzan nos Entroidos de Darbo e Cobres

Madamas e galáns danzan nos Entroidos de Darbo e Cobres

No concello de Cangas recuperaron a tradición que se mantiña viva en Vilaboa

G24.gal 19/02/2023 21:36 Última actualización 19/02/2023 21:51

As madamas e os galáns percorren dende ben cedo as parroquias de Santo Adrán e Santa Cristina de Cobres, no concello de Vilaboa.

Este Entroido, declarado de Interese Turístico Galego, mantén a súa danza tradicional, que se caracteriza pola vestimenta rechamante e por facerse a cara descuberta. É unha herdanza viva do século XVIII, que vai pasando de pais a fillos.

En Darbo, no municipio de Cangas, tamén festexan o seu Entroido tradicional con damas e galáns. As gaitas acompañan os bailes nun pasacalles polos barrios, como se facía antigamente coa vestimenta branca.

Grazas ao traballo da Asociación Cultural Lembranzas da Ría, recuperaron unha tradición esquecida. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade