Cargando resultados...
Madamas e galáns danzan no Entroido de Cobres
Madamas e galáns danzan no Entroido de Cobres
Unha festa ancestral declarada de interese turístico galego
G24.gal
11/02/2024 20:28
Última actualización 11/02/2024 20:47
Saíron ás dez da mañá para percorrer durante horas as rúas de Cobres, pero a choiva, nalgúns momentos intensa, mudou os seus plans. Con todo, este Entroido, dos poucos en que non levan máscara, conseguiron levar a cabo a súa tradicional danza, en que participan un cento de persoas.
Comezou o sábado e prolongarase ata o martes, o día grande. A súa colorida vestimenta, feita á man, é toda unha tradición que pasa de pais a fillos.