Publicador de contidos
Publicador de contidos

A autopsia certifica a morte natural da muller que atoparon sen vida na súa casa en Vilaboa

A autopsia certifica a morte natural da muller que atoparon sen vida na súa casa en Vilaboa

Tras coñecer o resultado da autopsia, os investigadores decidiron pechar a investigación

G24.gal 26/06/2024 14:15

O cadáver de muller, que tiña mazaduras no corpo, apareceu na súa casa do lugar de Acuña, no municipio pontevedrés de Vilaboa. Segundo contan os veciños, foi o fillo da vítima, que vivía con ela, quen alertou os equipos de emerxencias.

"Dixo que el chamara ás 8 da mañá á ambulancia e que morreu. Ela estaba enferma xa, dábanlle vértigos, caía, ía ir para unha residencia. Tiña pensado, vaia!", conta unha veciña.

O médico forense que acudiu á vivenda tiña dúbidas sobre a causa do falececemento, pero a autopsia finalmente certificou a morte natural.

Ao longo da mañá as forzas de seguridade aínda mantiñan aberta a investigación para tratar de esclarecer as circunstancias do falecemento, se fora por un accidente ou se se trataba dunha morte violenta. Tras coñecer o resultado da autopsia, decidiron pechar a investigación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade