Publicador de contidos
Publicador de contidos

Maduro adianta o Nadal en Venezuela para o 1 de outubro

Maduro adianta o Nadal en Venezuela para o 1 de outubro

Tamén adiantou as festas no ano 2020 e no 2021

É costume que os gobernos do chavismo repartan paquetes de comida entre os residentes dos barrios máis humildes no Nadal

G24.gal 03/09/2024 18:51 Última actualización 03/09/2024 19:01

O presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, adiantou as festas do Nadal a outubro grazas ás "boas perspectivas económicas" que deixou agosto. "Ole a Nadal", dixo, agradecendo os esforzos dos traballadores.

"O pasado venres 30 de agosto durante o máis forte dos ataques contra o Sistema Eléctrico Nacional, o pobo venezolano fíxolles unha demostración fermosa aos fascistas e a xente saíu e foi traballar", destacou nas últimas horas.

Non é a primeira vez que o presidente Maduro adianta o Nadal a outubro. Xa o fixo en 2020 para compensar a crise da pandemia e volveuno facer en 2021. É costume que os gobernos do chavismo repartan paquetes de comida entre os residentes dos barrios máis humildes no Nadal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade