Publicador de contidos
Publicador de contidos

Maio comeza con Santiago cheo de turistas e predominio de estranxeiros

Maio comeza con Santiago cheo de turistas e predominio de estranxeiros

Os hostaleiros afirman que cara á fin de semana os hoteis do centro da cidade acadarán o 80 % de ocupación

G24.gal 01/05/2024 14:46

O Día do Traballo únese a outros festivos nalgunhas comunidades, onde si poden facer ponte. Galicia convértese así en destino de parte dese turismo dentro de España. Unha circunstancia que ademais cadra nunha época de auxe de visitantes procedentes doutros países. Unha confluencia que se nota en especial en Santiago de Compostela.

Hai ringleiras para acceder á catedral de Santiago pola porta das Praterías. A afluencia de turistas leva xa días notándose en Santiago e semella que se vai acentuar de cara a fin de semana porque para o sábado e o domingo xa están reservadas o 80 por cento das prazas hoteleiras do centro da cidade.

Contan os hostaleiros que hai moitos estranxeiros para esas reservas. Algo que se pode comprobar no Camiño e tamén nas rúas da cidade, onde hai gran diversidade de procedencias, de acentos e de idiomas.

Jaime, mexicano, acaba de chegar despois e 1000 quilómetros a pé. Esta a piques de se poñer na ringleira para a misa do Peregrino, onde o que chama a atención estes días é a medida ben ampla en que están representados todos os continentes.

Desde a illa da Xava, pretiño das antípodas, Lucía conta que ven por razóns espirutuais, e desexa paz e entendemento. Son diversas tamén as emocións. Predomina o asombro pola beleza, pero tamén quen observa cambios menos agradables, como Astrid, que ven por segunda vez desde París.

Hai polas rúas persoas e razóns de todo tipo e en cada un deles, Santiago permanecera quizais cun aspecto diferente, cunha emoción persoal e cunha imaxe única.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade