Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un desprendemento de terra obriga a interromper o tren Ferrol-Ortigueira

Un desprendemento de terra obriga a interromper o tren Ferrol-Ortigueira

O desprendemento sucedeu entre Cerdido e o núcleo de Ponte Mera, no concello de Ortigueira

O Adif estableceu un plan alternativo de transporte por estrada entre ambas as localidades

 

G24.gal 19/05/2024 20:04

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) anunciou este domingo a interrupción do servizo de trens entre os municipios de Cerdido e Ortigueira, na comarca coruñesa de Ortegal, tras un desprendemento de terra sobre a vía.

A incidencia afecta a prestación ferroviaria de Ancho Métrico, o vello Feve, que comunica a cidade de Ferrol coa costa da provincia de Lugo e o Principado de Asturias.

O desprendemento produciuse no treito comprendido entre Cerdido e o núcleo de Ponte Mera, no concello de Ortigueira, e obrigou a establecer un plan alternativo de transporte por estrada entre ambas as localidades, dirixido a usuarios dos trens de Media Distancia e Proximidades de Ferrol a Ortigueira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade