Nace GastroTur, a feira do Ulla que une gastronomía, turismo e deporte
Nace GastroTur, a feira do Ulla que une gastronomía, turismo e deporte
Inaugurouse este venres poderase visitar toda a fin de semana no recinto feiral da Estrada
Forman parte diferentes concellos, empresas e colectivos cun denominador común: o río Ulla
Nace GastroTur, unha feira que xunta os atractivos gastronómicos, turísticos e deportivos arredor do río Ulla. Inaugurouse este venres poderase visitar toda a fin de semana no recinto feiral da Estrada.
Gastronomía, turismo e deportes unidos nunha mesma iniciativa. Iso é GastroTur. Unha oferta innovadora tamén porque dela forman parte diferentes concellos, empresas e colectivos. Iso si, teñen un denominador común, o río Ulla.
O prato forte é a gastronomía, con cociña en directo, degustacións ou catas. Na feira participan 17 produtores baixo o selo Artesanía Alimentaria.
O obxectivo é que a feira non teña unha localización fixa, senón que cada edición se celebre nun dos concellos que baña o Ulla.