Morren tres turistas españois e outro resulta ferido nun tiroteo en Afganistán
Morren tres turistas españois e outro resulta ferido nun tiroteo en Afganistán
A Generalitat xa confirmou que os falecidos son tres cidadáns de Cataluña
Os feitos aconteceron en Bamiyán, a capital da provincia homónima do centro do país
Un tiroteo en Afganistán deixa catro falecidos, tres deles turistas españois, e sete feridos, entre os que tamén se atopa outro español, segundo confirmou o Ministerio de Asuntos Exteriores de España. A Generalitat xa confirmou que os falecidos eran tres cidadáns de Cataluña.
O tiroteo tivo lugar en Bamiyán, a capital da provincia homónima do centro de Afganistán, segundo informou este venres na rede social X o portavoz do Ministerio do Interior do réxime talibán, Abdul Matin Qani, quen confirmou as mortes dos tres españois.
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, nunha mensaxe na rede social X, declarouse "impactado" pola noticia e enviou todo o seu afecto aos familiares e amigos das vítimas.
O Ministerio traballa, a través da Unidade de Emerxencia Consular, para esclarecer as circunstancias, atender os afectados e contactar coas súas familias.