Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis da metade da poboación galega tivo algún problema de ciberseguridade

Máis da metade da poboación galega tivo algún problema de ciberseguridade

Os organismos públicos de referencia en materia de ciberseguridade son o INCIBE e o Centro Criptolóxico Nacional

G24.gal 21/04/2024 12:56 Última actualización 21/04/2024 13:13

Cidadáns e empresas sofren os ataques de ciberdelincuentes que buscan obter moitos cartos de xeito fácil entrando nas contas bancarias ou secuestrando datos polos que logo pedirán rescates.
Ás veces, nós poñémosllo fácil co noso comportamento.

"Moi importante a nivel usuario ter un antivirus, cambiar de contrasinais, non utilizar o mesmo contrasinal en todas as webs. Hai algúns programas como os xestores de contrasinais que axudan a xerar contrasinais seguros. Que non pense a xente que metendo o contrasinal no navegador é seguro, non o é", explica Antonio Fernandes, Hacker e experto en ciberseguridade.

Máis da metade da poboación galega tivo algún incidente de ciberseguridade.

"A xente confíase no que envía as intelixencias artificiais e hai que ter en conta que moitas delas como ChatGPT utilizan eses datos para adestrar o modelo. Todo o que enviemos o vai memorizar, sexan cousas persoais ou de empresa", asegura.

En Galicia, o Nodo de CiberseguridadeCIBER.gal, reúne as administracións públicas e institucións privadas para afrontar a ameaza dos ataques cibernéticos.

Nun nivel superior, o INCIBE e o Centro Criptolóxico Nacional son os dous organismos públicos de referencia en materia de ciberseguridade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade