Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 100 mortos por unha explosión nunha refinería ilegal en Nixeria

Máis de 100 mortos por unha explosión nunha refinería ilegal en Nixeria

O estoupido deixa máis de 100 falecidos e 150 feridos

O goberno rexional declarou en busca e captura o propietario da infraestrutura

 

Arquivo dun incendio nunha refinería en Nixeria Arquivo dun incendio nunha refinería en Nixeria
G24.gal 23/04/2022 21:00

Polo menos 100 persoas morreron como consecuencia dunha explosión nunha refinería ilegal de hidrocarburos no bosque de Abaezi, no estado de Imo, no sur de Nixeria. Ademais, unhas 150 persoas quedaron feridas.

Algunhas testemuñas indican que habería polo menos 50 cadáveres calcinados irrecoñecibles. O estoupido estragou tamén seis vehículos e orixinou o pánico na zona.

A policía xa acudiu ao lugar do incidente para establecer as causas do incendio, que aínda se descoñecen. O xornal dixital Punch informa de que o gobernador do estado declarou en busca e captura o dono da refinería ilegal.

"É unha crueldade. Unha sabotaxe económica. Ademais, destrúe a mocidade do país. Pídolles aos mozos que se afasten deste tipo de negocios ilegais. Hai outros legais cos que se pode gañar cartos", argumenta o gobernador do estado.

As autoridades indican que a maioría das vítimas quedaron irrecoñecibles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade