Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 2.000 galegos afectados pola fraude dos préstamos de aval con coche

Máis de 2.000 galegos afectados pola fraude dos préstamos de aval con coche

Piden un préstamo rápido poñendo o coche como aval e rematan pagando intereses usurarios e perdendo o vehículo

Nos xulgados se está conseguindo a anulación dos contratos

A fraude de poñer o coche como aval para conseguir un préstamo rápido
G24.gal 02/08/2024 15:09

"Entras en Internet, pois quero facer un aval sobre o meu coche, necesito un préstamo, e aparecen 10, 15 enlaces patrocinados de empresas que se dedican a isto", conta Carlos Tomé, avogado e socio de Caruncho & Tomé.

Así de fácil e así de rápido se pode conseguir un préstamo. O único que se esixe é poñer o teu coche como aval.

"Ata aí parece unha operación razoablemente normal, porque ademais eles entran nestas operacións aínda cando esteas nalgún ficheiro de morosos por algunha débeda que teñas, co que se che fai case imposible obter financiamento dun banco", continúa.

Pero a operación ten trampa porque, sen sabelo, estás transferindo a titularidade do vehículo ao prestamista. Ti segues conducindo o que cres que segue a ser o teu coche, porque ao mesmo tempo asinas un contrato de alugueiro con opción a compra a cambio do pagamento dunha cota mensual. 

 "E a maiores de todo iso, os préstamos levan uns xuros moi potentes, moi superiores aos dun préstamo normal dun banco", explica o avogado.

As compañías prometen que podes contar cos cartos en 24 horas.

"Non tes nin que pasar polo notario, nin precisas facer uns trámites moi especiais, co que recibes os cartos bastante rápido e eles obteñen a titularidade do vehículo xa, porque iso é o primeiro que fan, cambialo xa en Tráfico e o teñen ao seu nome", conclúe.

Un constante goteo de demandas están enchendo os despachos de avogados. Hai xa sentenzas por toda España que están declarando a nulidade deses contratos. En Galicia podería haber máis de 2.000 afectados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar