Publicador de contidos
Publicador de contidos

A medida que pasan as horas aumentan as vítimas polo tremor en Marrocos

A medida que pasan as horas aumentan as vítimas polo tremor en Marrocos

As últimas cifras oficiais falan de 2.122 persoas mortas, pero a prensa local publicou esta mañá que eran máis de 4.900

 

G24.gal 10/09/2023 08:32 Última actualización 10/09/2023 20:39

A  medida que pasan as horas, medra o balance de vítimas polo tremor que sacudiu Marrocos na noite do venres. As últimas cifras oficiais falan de 2.122 persoas mortas, malia que algúns xornais marroquís dixeron esta mañá que eran máis de 4.900.

Máis da metade faleceron na provincia de Al Haouz, preto do epicentro. O resto morreu en Taroudant, Chichaoua, Ouarzazate, Marrakech , Azilal, Agadir, Casabranca, Al Youssufia e Tinguir.

Os equipos de rescate traballan contra o reloxo para localizar persoas atrapadas, pero o tempo corre na súa contra. Traballan intensamente, convencidos de que nas próximas horas aínda poden aparecer sobreviventes.

Mentres, nas zonas afectadas prepáranse para pasar outra noite á intemperie. As dez réplicas rexistradas esta fin de semana, unha das cales chegou este domingo aos 4,5 graos na escala Richter, non contribúen á tranquilizar.

A Organización Mundial da Saúde calcula que hai 300.000 persoas afectadas dun xeito ou doutro polo sismo, entre elas, están 2.421 feridas, 1.400 en estado grave.

O peor da historia

De acordo co boletín difundido polo Instituto Nacional de Xeofísica marroquí, o terremoto, de magnitude 7, sacudiu a rexión setentrional de Marrakech sobre as 23:11 hora local do venres, a 8 quilómetros de profundidade.

As autoridades locais din que o terremoto, con epicentro na localidade de Ighuil, a sesenta quilómetros de Marrakech, foi o peor da súa historia como país.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade