Cargando resultados...
Máis de 3.000 persoas participan na Ourense Gaming Experience
Máis de 3.000 persoas participan na Ourense Gaming Experience
Éxito de convocatoria da primeira edición dun evento que pretende estenderse ao resto de Galicia
Participantes da Ourense Gaming Experience
G24.gal
26/06/2022 20:57
Última actualización 26/06/2022 21:20
A afección aos videoxogos conquista escenarios cada vez máis grandes. Esta fin de semana, o Auditorio de Ourense, ao completo, acolleu a primeira edición dun evento de gaming que aspira a converterse nun referente en Galicia.
Ao longo da fin de semana 3.500 persoas pasaron polo Auditorio. Seguírono, a través de Twitch 30.000 persoas e calculan que o impacto nas redes sociais superará os dous millóns, o que converte este evento nun dos máis importantes celebrados en Galicia.
Rodeáronse, para conseguilo, de persoas con influencia. Desde Raúl García, DondeGentes, transmitindo en directo, á tiktoker Carla Gabián, con 350 mil seguidores.