Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 5.000 persoas exáminanse en Silleda para lograr un posto fixo en Correos

Máis de 5.000 persoas exáminanse en Silleda para lograr un posto fixo en Correos

A empresa ofrece 7.757 empregos en España para funcións de repartición rural e urbana, traballos loxísticos e de atención ao cliente en oficinas

En Galicia ofrécense 431 postos aos que se presentan 4.400 persoas repartidas por toda España

Eaxames da oposición a Correos no recinto feiral de Silleda este domingo
G24.gal 07/05/2023 09:25 Última actualización 07/05/2023 14:09

Domingo de oposicións a Correos. En toda España, máis de 84.000 persoas aspiran a cubrir un dos 7.757 postos fixos ofertados. As probas teñen lugar á vez en 44 sedes de 28 provincias e nas cidades autónomas de Ceuta e Melilla.

En Galicia, Silleda é unha das sedes onde arestora se examinan máis de  5.000 persoas que concorren a postos en toda España para intentar acceder a un emprego fixo en Correos.

No caso de Galicia ofrécense 431 empregos aos que se presentan 4.401 persoas distribuídas por toda España.

As probas de ingreso buscan cubrir postos de traballo nas categorías operativas para realizar funcións de repartimento de envíos no rural e urbanos, loxística e atención ao cliente en oficinas.

A macroconvocatoria de emprego é a maior oferta de Correos en décadas e a empresa asegura que quere cumprir coa estabilización do emprego e a redución da temporalidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar