Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xa son 87 os mortos tras afundir un barco con inmigrantes na costa siria

Xa son 87 os mortos tras afundir un barco con inmigrantes na costa siria

20 persoas foron rescatadas con vida e  continúa a busca duns 50 desaparecidos

G24.gal 23/09/2022 12:21 Última actualización 23/09/2022 20:50

Polo menos 87 persoas morreron e outras 20 foron rescatadas con vida despois de que unha barcaza con inmigrantes a bordo afundira o xoves fronte ás costas de Tartús, en Siria, informou o Ministerio de Saúde sirio.

Nun comunicado reproducido pola axencia de noticias oficial siria SA, o departamento indicou que o reconto de vítimas é aínda preliminar e que os rescatados están a recibir tratamento nun hospital de Tartús.

Pola súa banda, o Observatorio Sirio de Dereitos Humanos dixo nun comunicado que as autoridades están a buscar ao redor de 50 persoas aínda desaparecidas que viaxaban na embarcación.

Algúns dos sobreviventes confirmaron á ONG que a barcaza transportaba máis de 150 persoas con destino a Italia, Chipre ou outros países europeos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade