Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 600 estudantes e os seus familiares asisten en Brión á feira das profesións

Máis de 600 estudantes e os seus familiares asisten en Brión á feira das profesións

É unha iniciativa das orientadoras dos institutos de Ames, Brión e Negreira

Reuniron unha mostra de medio cento de oficios de todo tipo para que o alumnado poida escoller o seu futuro

G24.gal 04/04/2024 14:13

Especialistas en imaxe persoal ou en produción sonora. Todo tipo de oficios, de xeitos de gañar a vida e dar saída á propia vocación reúnense en Brión na Feira das Profesións.

Desde os módulos de estética que serven para facer caracterización para cine, por exemplo, ata o traballo nas Forzas e Corpos de Seguridade ou os Servizos de Emerxencias. Hai quen prefire dedicarse á investigación en biomedicina ou á repostería.

Din que o futuro dos que hoxe estudan secundaria pasará pola tecnoloxía. Pero tamén as profesións máis analóxicas recuperan importancia. Este ano, por demanda dos alumnos, a feira gañou en propostas de artes e humanidades, desde a cantería ata a arqueoloxía, pasando polas belas artes ou a lingüística, disciplinas que defenden tamén o seu labor investigador e de creación de novas ferramentas.

Ata cincuenta opcións, coas súas diferentes especialidades, configuran unha ampla oferta para os profesionais do futuro, que se pode coñecer no polideportivo do IES de Brión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade