Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mais de 600 persoas identificadas e milleiros de denuncias por extracción ilegal de marisco

Mais de 600 persoas identificadas e milleiros de denuncias por extracción ilegal de marisco

As confrarías están a cambiar o sistema de traballo para protexer a campaña de Nadal

Momento en que un furtivo é pillado extraendo marisco
Marta González Salve 11/11/2021 14:24

Os furtivos non descansan. Nin o endurecemento da lexislación, nin o aumento da vixilancia frean un dos maiores problemas que afectan o sector marisqueiro. 

No que levamos de ano, o Equipo de Resposta Policial da Policía Autonómica identificou case 600 furtivos e inspeccionou 417 vehículos. Unha cifra á que se suman os milleiros de denuncias interpostas polos gardas rurais das confrarías. So na confraría de Rianxo ascenden a 900. 

A situación vese agravada con vistas á campaña do Nadal. Por iso as confrarías están a cambiar os sistemas de traballo para que sexan máis efectivos, como xa están a facer en Cabo de Cruz, onde ampliaron as horas de vixilancia e as patrullas están conformadas por dous gardas.

Un cambio no xeito de traballar co que xa se están a lograr resultados e que na maioría das confrarías contan co apoio dos axentes da Policía Local e da Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade