Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Atención Primaira, destino de máis do 40 % dos sanitarios que inician a formación na área de Santiago

A Atención Primaira, destino de máis do 40 % dos sanitarios que inician a formación na área de Santiago

Corenta médicos e oito enfermeiros de primaria inician a rotación no CHUS e no Hospital do Barbanza

G24.gal 23/05/2023 13:45

Dos 110 graduados en total, de medicina, enfermería ou bioloxía, que hoxe entran a formarse como especialialistas nos Hospitais da Área de Santiago-Barbanza, 48 deles teñen como destino a Atención Primaria: os centros de saúde e os PAC. É precisamente a medicina familiar a área de saúde que ten hoxe en día máis necesidade de persoal.

"O problema foi un desequilibrio que houbo, durante uns anos, entre xubilacións e incorporación de residentes. A covid non axudou. E esa falta de profesionais está provocando unha sobrecarga nos que quedamos traballando na consulta", explica Sergio Cinza, responsable da Formación dos Especialistas en Medicina Familiar e Comunitaria nesta área.

A cifra de 40 MIR para Medicina Familiar e Comunitaria na área de Santiago lógrase tras acreditar para a formación novos centros de saúde, e despois aumentar tamén o número de titores. É unha oferta similar á da áreas da Coruña e Vigo. Como residentes de Primaria incorpóranse médicos, pero tamén enfermeiros que hoxe inician a súa rotación por distintas especialidades no hospital. 

"Metinme en comunitaria porque me encanta o trato coa xente nas vilas".

En relación aos especialistas que se forman exclusivamente nos centros hospitalarios, os residentes de primaria quéixanse do hándicap de que teñen que desprazarse entre o centro de saúde e o hospital: "Iso son moitos quilómetros. Como contrapartida, somos os únicos especialistas que podemos ver pacientes sans e facer prevención", explica a mir Adriana Martínez. 

Desde a xefatura de estudos da Comisión de Docencia, Rogelio Leira destaca "que o mir é un sistema que data de 1976 e que ofrece garantías que oxalá houbese noutras profesións. É xente que está ben formada nun grande hospital, con xente que o está controlando". No acto de hoxe, os titores déronlles a benvida aos 48 especialistas de Primaria e aos outros 62 licenciados en Medicina, Enfermería, Bioloxía ou Farmacia que se incorporan ás demais especialidades. 

"Da área de Santiago é moi destacable a oferta que hai na parte investigadora. O IDIS é un dos principais institutos de investigación do Estado", comenta Eloína Núñez, xerente da Área Sanitaria de Santiago. 

Entra unha nova fornada de profesionais que se estrea no trato cos pacientes e que dedicarán a súa vida a coidar da nosa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade